Menú Cerrar

Circular a 6km/h en Pontevedra

conducir pontevedra

A nosa compañeira Lidia, o pasado mes de outubro estivo no programa da TVG: «Fun polo Aire» , falando da nova medida municipal de circular a 6 km/h por Pontevedra.

Pontevedra unha cidade pioneira

Pontevedra é a primeira cidade de España en aplicar a limitación máxima de velocidade a 6 Km/h para todo tipo de vehículos como coches, bicicletas ou patinetes que circulen por zonas de preferencia peonil ou de plataforma única e ante a presenza de peóns. Mesma velocidade a que camiña una persoa sá.

Desde fai anos Pontevedra ven sendo un modelo de peatonalización no que os coches só poden pisar un 25% da urbe, xa no ano 2012 o concello instaurou o límite xenérico de 30 Km/h na busca de 0 atropelos na cidade.

Rúas nas que hai que circular a 6km/h

Este límite de velocidade atañe ao centro histórico e as zonas e espazos de coexistencia e uso plural como son as rúas Michelena,Riestra, Gutierrez Mellado, Praza Peregrina, Praza España, Arzobispo Malvar, O Gorgullón e o primeiro tramo de Benito Corbal.

Normativa e multas

Esta medida está recollida na nova “Ordenanza reguladora da mobilidade amábel e da utilización dos espazos públicos no concello de Pontevedra” publicada o 01/10/2020 no BOP Pontevedra. Aplicaríase o artigo 46 de Reglamento xeral de circulación.

 

O obxectivo desta ordenanza é favorecer a seguridade dos peóns, reducir o risgo de atropelo, fomentar as movilidades amábeis, a reducción da circulación de vehículos e por ende a reducción da contaminación na cidade de forma indirecta xa que o que se busca é que os cidadáns non usen os vehículos.

A medida ven acompañada de bastante polémica posto que será difícil de controlar un límite tan baixo de velocidade para algúns vehículos.  Aínda así, os infractores enfróntanse a sancións entre 200 e 500€ e retirada de puntos prevista no anexo IV do TRLTSV, aprobado polo Real decreto Lexislativo 6/2015, do 30 de Octubro, para as infraccións de velocidade limitadas a 20 Km/h, consonte aos intervalos que neste se definen, posto que as infraccións están tipificadas de grave a moi grave.

Conduce a la libertad

Deja una respuesta